Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rosa Dalama, terceira alcaldesa do Irixio en ano e medio, tras properar a moción de PSOE e PP

Rosa Dalama, terceira alcaldesa do Irixio en ano e medio, tras properar a moción de PSOE e PP

Os seis votos que sumaron populares e socialistas, desautorizados estes últimos polo seu partido a nivel provincial, no pleno extraordinario celebrado na mañá deste luns bastaron para arrebatar o bastón de mando á indepediente Susana Iglesias (Xuntos polo Irixo)

Tras o debate da moción e a votación que a proclamou alcaldesa, Dalama tomou a palabra para manifestar o seu compromiso cos veciños do concello ourensán e a súa vocación de alcanzar acordos co resto de forzas da corporación

G24.gal 13/01/2025 13:01 Última actualización 13/01/2025 17:46

A socialista Rosa Dalama converteuse este luns en nova alcaldesa do municipio ourensán do Irixo, que cambia por terceira vez de rexedor en pouco máis de ano e medio desde o inicio do mandato ao prosperar a moción de censura entre PSOE e PP para derrocar á independente Susana Iglesias (Xuntos polo Irixo).

Os seis votos que sumaron populares e socialistas, desautorizados estes últimos polo seu partido a nivel provincial, no pleno extraordinario celebrado na mañá deste luns bastaron para arrebatar o bastón de mando a Iglesias, que chegara á alcaldía no verán de 2023, apenas dous meses despois do inicio do mandato, grazas ao apoio dos edís do PSOE.

Agora, a concelleira Rosa Dalama convértese na terceira persoa que se fai coa alcaldía do Irixo desde xuño de 2023, as tres de forzas políticas distintas despois de que o mandato arrincase coa elección do popular Manuel Cedeira.

Tras o debate da moción e a votación que a proclamou alcaldesa, Dalama tomou a palabra para manifestar o seu compromiso cos veciños do concello ourensán e a súa vocación de alcanzar acordos co resto de forzas da corporación, precisamente un dos puntos que levaron o PSOE a romper o goberno de coalición con Xuntos polo Irixo e promover unha alianza co PP para sacar da alcaldía a Susana Iglesias, á que acusan de rexer o concello de forma "ditatorial".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade