Cargando resultados...
Rosa Quintana destaca a importancia das feiras para os produtos do mar de Galicia
Promocionan o bo saber dos profesionais do sector marítimo pesqueiro e a calidade dos peixes e mariscos galegos
Rosa Quintana en Milán
David Fernández
25/10/2021 20:44
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, acompañou hoxe empresas galegas que participan na feira Tutto Food en Milán. Rosa Quintana destacou a necesidade de espallar o bo saber dos profesionais do sector marítimo pesqueiro e a calidade dos peixes e mariscos galegos.
A conselleira apuntou que feiras coma esta supoñen unha interesante oportunidade para recuperar o pulmón do comercio internacional.