Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rouban en dous postos do mercado ferrolano de A Magdalena

Rouban en dous postos do mercado ferrolano de A Magdalena

Os asaltantes conseguiron un botín de 450 euros nun deles

G24.gal 11/02/2022 13:34

Os investigadores policiais contemplan dúas opcións para explicar a actuación dos ladróns, ou quedaron a pasar a noite tras entrar antes do peche ou entraron á primeira hora da mañá cando hai moi poucos postos abertos e ningún cliente, e tan só unha ou dúas persoas de seguridade. 

"Non se sabe fixo se quedan de noite ou non, a alarma non funciona, despois hai unhas horas mortas cando se abre que a policía debería vixiar neses momentos", asegurou Carlos Barros, un dos asaltados.

Neste posto de Dolores levaron todos os cartos da caixa, uns 450 euros, e marcharon. No de Carlos non atoparon cartos, pero non é a primeira vez que o intentan.

Din estar fartos da sensación de inseguridade, xa que os roubos aquí ou na contorna son demasiado habituais. Esixen máis vixilancia para este mercado municipal da Magdalena.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade