Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rubiales volverá a España o 6 de abril e está "a plena disposición da xustiza"

Rubiales volverá a España o 6 de abril e está "a plena disposición da xustiza"

A avogada do expresidente da RFEF explica á xuíza do caso dos contratos irregulares que o seu cliente ten billete de volta de República Dominicana o próximo 6 de abril.

Rubiales será detido en canto regrese a España por varios contratos irregulares da RFEF

G24.gal 21/03/2024 10:35 Última actualización 21/03/2024 10:58

A defensa do expresidente da Real Federación Española de Fútbol Luis Rubiales comunicou á xuíza que o investiga por presuntos contratos irregulares á fronte do organismo federativo que ten previsto volver a España o próximo 6 de abril e que está "a plena disposición" do xulgado.

O escrito, ao que tivo acceso EFE, foi presentado na mañá de onte, pouco despois de que se coñecese a operación da Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil en que se rexistrou a súa vivenda en Granada e a sede da federación, entre outros inmobles.

Nel, a avogada de Rubiales explica á xuíza titular do Xulgado de Instrución número 4 de Majadahonda que o seu cliente ten billete de volta de República Dominicana o próximo 6 de abril nun voo que ten programada a chegada a Madrid ás 11:25 horas.

A súa muller e as súas fillas prevén voar a ese país o 29 de marzo e volver con Rubiales o día 6, segundo o mesmo escrito, no que se anexa a reserva de voos de toda a familia.

En canto ao seu posible arresto -previsto para cando chegue a España-, o seu defensa expón: "Descoñecemos se foi ordenada a detención do sr. Rubiales Béjar, pero mediante este escrito desexamos poñer de manifesto que o mesmo se atopa a plena disposición deste xulgado a prol de esclarecer a investigación en curso".

Rubiales está investigado por posibles delitos de corrupción, aínda que non figuraba entre as sete persoas que a UCO prevía deter onte, dado que tanto a xuíza do caso como os investigadores sabían que desde hai días non se atopaba en España.

Os axentes da Garda Civil rexistraron onte a súa vivenda de Granada en busca de contratos posiblemente irregulares dos últimos cinco anos na Federación, en coincidencia coa súa etapa á fronte da entidade.

Un rexistro que se suma a outros dez, entre eles o da sede da Federación e o estadio de La Cartuja en Sevilla, nunha xornada na que houbo sete detencións: cinco en Madrid e dous en Granada. Entre estes arrestos, o dun home de confianza de Rubiales, o asesor xurídico externo da Federación de Fútbol, Tomás González Cueto.

Outros dos detidos son os directores de Servizos Xurídicos e de Recursos Humanos da Federación, Pedro González Segura e José Javier Giménez, respectivamente.

Ademais, foi detido o irmán do director de Servizos Xurídicos, Ángel González Segura, directivo dunha das empresas, a construtora Gruconsa, elixida para obras no estadio La Cartuja de Sevilla, que acolle a final da Copa do Rei.

Como investigado aparece tamén Ramón Caravaca, administrador dunha empresa que supostamente pagou a presunta espionaxe ao presidente do sindicato de futbolistas, David Aganzo.

O dispositivo está dirixido polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Majadahonda (Madrid), en coordinación coa Fiscalía contra Corrupción e a Criminalidade Organizada e coa UCO.

Trátase do mesmo xulgado que comezou a investigar o contrato para o traslado da Supercopa a Arabia Saudita asinado por Rubiales co empresario e exfutbolista Gerard Piqué, e redactado polo despacho do asesor xurídico externo da Federación de Fútbol, é dicir, de González Cueto, un dos detidos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade