Rueda agarda un "apoio importante" do voto exterior ao PPdeG
Rueda agarda un "apoio importante" do voto exterior ao PPdeG
Rueda di que en todo caso a maioría absoluta está asegurada e avanza que o novo goberno "pisará o acelerador" para atraer investimentos á comunidade
O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, confía no apoio do voto exterior ao Partido Popular de Galicia. Rueda di que en todo caso a maioría absoluta está asegurada e avanza que o novo goberno "pisará o acelerador" para atraer investimentos á comunidade.
En declaracións aos medios nun acto este luns en Santiago, o presidente en funcións e líder do PPdeG explicou que espera que o reconto do voto exterior non mude a fotografía do arco parlamentario que deixaron as urnas o pasado domingo. "Agardo un apoio importante da Galicia exterior. Se hai algún movemento en Ourense, igual non nos afecta a nós e si aos outros partidos".
Rueda engadiu que en todo caso a maioría absoluta garante a "estabilidade", o que non significa acomodarse, apuntou. O presidente da Xunta en funcións avanzou que o novo Goberno vai "pisar o acelerador dende o primeiro día para atraer investimentos" a Galicia.