Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rueda anima a aproveitar as "oportunidades" dos novos proxectos industriais

Rueda anima a aproveitar as "oportunidades" dos novos proxectos industriais

O presidente da Xunta di que o seu Goberno será "rigoroso, pero que non se vai engurrar por presións"

G24.gal 28/05/2024 14:22

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anima a aproveitar as oportunidades que ofrecen as novas industrias e destaca a importancia da estabilidade política da nosa comunidade para darlles confianza aos investidores. Díxoo nun foro organizado pola La Voz de Galicia para falar dos compromisos do seu goberno ata o 2030.

Alfonso Rueda reivindica que a estabilidade política lle permite á Xunta cumprir cos obxectivos marcados para os cen primeiros días de Goberno. Esa estabilidade tamén ofrece confianza aos potenciais investidores, segundo o presidente, que anima a tomar "medidas valentes" para aproveitar as oportunidades que achegan novos proxectos industriais, como os sete que hai en trámite en Galicia.

"Pido que teñamos a mentalidade aberta para non deixar pasar as oportunidades. Dende logo a Xunta non as vai deixar pasar, con todo o rigor. Se dicimos que non só por presións de algo que pode ser, isto vai ser un bucle sen fin. O noso Goberno non se vai engurrar".

Rueda compromete tamén apoio aos sectores tradicionais, como o primario, o comercio e o turismo. Avisa de que falar de masificación en Galicia pode ser contraproducente, segundo apuntan, di, os operadores turísticos.

"Galicia non é un destino saturado. É un destino que hai que preservar, que coidar moito. Temos que intentar cambiar o tipo de turista, pero non digamos que non veña máis xente".

O presidente da Xunta volveu defender un novo sistema de financiamento autonómico e a transferencia a Galicia da xestión da AP-9.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos