Rueda compromete o apoio da Xunta ás empresas que se queiran instalar en Galicia
Rueda compromete o apoio da Xunta ás empresas que se queiran instalar en Galicia
O presidente da Xunta, na inauguración da novo almacén de Cofares en San Cibrao das Viñas, asegura que "crean a riqueza e polo tanto a nosa obriga é fomentar todo iso"
A cooperativa de distribución farmacéutica líder en España, Cofares, acaba de abrir un novo almacén no concello ourensán de San Cibrao das Viñas, dentro do seu plan para conseguir este ano que todas as boticas teñan un almacén a menos dunha hora de distancia.
Na inauguración do centro, o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, ofreceu o apoio do seu Executivo a instalación de empresas no país.
Sete de cada dez pacientes son atendidos en España nunha farmacia de Cofares, que amplía a súa rede a 46 centros no territorio español con este almacén en San Cibrao das Viñas, que se suma aos de Vigo e Betanzos que ten en Galicia para subministrarlles medicamentos e produtos ás farmacias urbanas e do rural.
"Desde estas instalacións seremos capaces de despregar doce rutas simultáneas, coas que estaremos máis preto das farmacias e dos cidadáns e cidadás galegas", aseguraba Eduardo Pastor, presidente da compañía.
O presidente da Xunta ofrécelle a Cofares e outras empresas o apoio da administración autonómica para instalarse en Galicia. "Este ademais un concello con vantaxes fiscais a quen quere emprender", aseguraba Rueda, "devolvedes con creces calquera investimento que se poida facer ao voso favor. As empresas crean a riqueza e polo tanto a nosa obriga é fomentar todo iso. E máis se é unha empresa coma esta, punteira, que o reúne todo, e nun servizo social básico como é a saúde".
Alfonso Rueda destacou que a Xunta dedica 1.300 millóns de euros a prestación farmaceútica.