Cargando resultados...
Rueda condena o asasinato machista de Baiona
Rueda condena o asasinato machista de Baiona
O xefe do Goberno galego mandoulles tamén unha mensaxe de solidariedade á familia e amizades da muller asasinada
G24.gal
06/02/2023 12:57
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, expresou este luns a súa dor e condena polo asasinato machista de Baiona. En declaracións aos medios en Vigo, o xefe do Goberno galego mandoulles tamén unha mensaxe de solidariedade á familias e amizades da muller asasinada.
Rueda dixo que este tipo de crimes "hai tempo que non deberían suceder, polo que é un traballo inacabado". O presidente asegurou sentirse "horrorizado" e comprometeuse a traballar para que "algunha vez todo isto remate".