Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta cesa sete altos cargos para que poidan ir nas listas do PPdeG o 18F

A Xunta cesa sete altos cargos para que poidan ir nas listas do PPdeG o 18F

O prazo para rexistrar as listas ante as xuntas electorais provinciais finaliza este mesmo luns

Reunión do Consello da Xunta este luns Reunión do Consello da Xunta este luns
G24.gal 15/01/2024 09:44 Última actualización 15/01/2024 13:06

A Xunta de Galicia aprobou o cesamento de sete altos cargos, seis da Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia e un de Medio Rural, para que poidan incorporarse ás listas do PPdeG para as eleccións autonómicas do 18 de febreiro.

O Consello da Xunta reuniuse este luns con carácter extraordinario para aprobar os decretos de cesamento, dado que todos estes altos cargos son "inelixibles", segundo establece a lei de eleccións ao Parlamento de Galicia, e que hoxe termina o prazo para presentar as candidaturas dos distintos partidos.

Os decretos, que se publicarán mañá no Diario Oficial de Galicia (DOG), recollen os cesamentos de Antonio Rodríguez Miranda como secretario xeral de Emigración; José Manuel Merelles como director da Axencia de Turismo de Galicia; Gonzalo Trenor como delegado da Xunta na Coruña; Martina Aneiros como delegada en Ferrol; Javier Arias como delegado en Lugo e Gabriel Alén, en Ourense.

Ademais, inclúese os cesamentos na Consellería do Medio Rural de José Balseiros Guinarte, como director xeneral de Gandería e tamén como director do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga).

As candidaturas do PPdeG estará lideradas polo vicepresidente primeiro da Xunta, Diego Calvo na Coruña; Elena Candia, en Lugo; a conselleira de Promoción do Emprego, Elena Rivo, por Ourense; e o presidente da Xunta e do PPdeG, Alfonso Rueda, en Pontevedra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos