Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rueda di que a Xunta "probablemente" recorrerá a amnistía, pero vai analizar o texto

Rueda di que a Xunta "probablemente" recorrerá a amnistía, pero vai analizar o texto

O presidente socialista de Castela A Mancha inicia os trámites para recorrer a lei de amnistía

Os gobernos autonómicos do PP responderon onte en masa con anuncios de recursos ante o Tribunal Constitucional tras a aprobación da lei  polo Congreso

García Ortiz reúnese cos fiscais de Cataluña e da AN para fixar criterio sobre a lei de amnistía

G24.gal 31/05/2024 12:26 Última actualización 31/05/2024 18:38

O presidente da Xunta e do PPdeG, Alfonso Rueda, asegura que o Goberno galego "probablemente" terá que recorrer a lei de amnistía, aprobada onte no Congreso, pero antes vai analizar "o texto" para ver se, como parece, vai supoñer unha "quebra da igualdade".

"Loxicamente a Xunta terá que reaccionar", dixo ao ser preguntado por se o Goberno galego vai recorrer o texto ante o Tribunal Constitucional, como outras comunidades do PP, xa que á parte de manifestar a súa "opinión política", a nivel xurídico "se désemos ese paso tería que ser un recurso", admitiu.

Os Gobernos autonómicos do PP responderon onte en masa con anuncios de recursos ante o Tribunal Constitucional á aprobación polo Congreso da lei de amnistía, a primeira a presidenta madrileña, Isabel Díaz Ayuso, que nin sequera esperou á votación na Cámara Baixa.

Pero non foi ata hoxe, nunhas declaracións nun acto de campaña no que fixo un tramo do Camiño de Santiago, que Rueda manifestou que "outras comunidades anunciárono e Galicia probablemente terá que ir tamén por ese camiño", pero sempre primeiro vai estudar o texto e analizalo, aínda que "todo indica que non nos deixan outro remedio", matizou.

O presidente, socialista, de Castela A Mancha, inicia os trámites para recorrer a lei 

O presidente de Castela-A Mancha, Emiliano García-Page, anunciou, tras a aprobación da lei de amnistía, que o seu Goberno vai solicitar esta semana ao Consello Consultivo un informe para defenderse no Tribunal Constitucional do que considerou "unha agresión ao concepto de igualdade".

"Aínda que discrepes, hai que aceptar o que se diga; hai que acatar o incluído dentro das organizacións políticas", continuou García-Page, quen apuntou que "uns pelexan por se foi perdón, outros por se é unha vitoria", pero "o perdón dáse ou non se dá; non se fai a cambio de nada, e menos a cambio dunha chantaxe", opinou.

"Por iso teño moi claro que a miña discrepancia é unha discrepancia que seguirá adiante, independentemente da acción da Xustiza", aseverou.

Segundo explicou, antes teñen que ver o texto para ver se "como todo evidencia, vai supoñer unha quebra da igualdade" e que Galicia estea en peores condicións que outros territorios, porque iso é o que máis lle preocupa, asegurou, a "desigualdade" na que vai colocar á comunidade galega.

O presidente galego critica a "quebra da igualdade fundamental" entre autonomías que supón esta lei e engade que agora hai que ver "como é a súa aplicación" porque xa está a xerar "moitísimas dúbidas" de xuíces fiscais, e outros expertos en dereito.

Rueda lamenta a "desgraciada" aprobación desta lei e que os que a esixiron "non teñen bastante e nunca van ter bastante", senón que "van por máis", polo que "fronte a isto hai que reaccionar", xa que o Goberno central está "absolutamente cativo de determinados territorios".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade