Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rueda: "Estase facendo unha repartición controlada de antiobióticos para asegurar a demanda"

Rueda: "Estase facendo unha repartición controlada de antiobióticos para asegurar a demanda"

"Iso non quere dicir que non esteamos ante unha situación preocupante e que teñamos propostas unha serie de alternativas para que se siga garantindo esta repartición", matizou Rueda

G24.gal 10/11/2022 17:17

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asegura que en Galicia está a facerse unha repartición controlada de antibióticos para garantir o abastecemento ante a escaseza dalgúns fármacos, como a amoxicilina infantil.

Rueda lembra que aínda que lle corresponde á Axencia Española do Medicamento asegurar ese abastecemento, a Xunta ten máis dunha alternativa sobre a mesa.

"Dinnos que se está facendo unha repartición controlada destes antibióticos para atender a demanda dos usuarios, iso non quere dicir que non esteamos ante unha situación preocupante e que teñamos propostas unha serie de alternativas para que se siga garantindo esta repartición", explicou Rueda.

O presidente facía estas declaracións tras o Consello da Xunta en que se aprobou que o Sergas vai cubrir os gastos de desprazamento e manutención de doentes cunha enfermidade rara que teñan que desprazarse a outras comunidades para recibir asistencia.

Antes de que acabe o ano prevén autorizar a orde para reembolsarlles a estes pacientes gastos que non son sanitarios. No caso dos nenos, tamén se aboarán os custos de aloxamento e dietas dos proxenitores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade