Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rueda inaugura o rehabilitado Faro Pequeno de Cabo Silleiro como taberna atlántica

Rueda inaugura o rehabilitado Faro Pequeno de Cabo Silleiro como taberna atlántica

No acto, Alfonso Rueda destacou a aposta da Xunta por recuperar bens patrimoniais singulares do Camiño de Santiago

O proxecto culminarase cos transformación do Faro Grande nun hotel e restaurante

G24.gal 12/08/2024 21:41 Última actualización 12/08/2024 22:00

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, inaugurou en Baiona o rehabilitado Faro Pequeno de Cabo Silleiro, convertido agora, despois de 100 anos apagado, nunha Taberna con Sabor Atlántico. O proxecto culminarase, ademais, coa transformación do veciño Faro Grande nun hotel e restaurante.

Formarán o equipo do Faro Pequeno entre 10 e 12 persoas. Ofrecerán unha cociña sinxela pero creativa, prestando particular atención aos produtos locais de temporada. Haberá tamén puntos de recarga para bicicletas e coches eléctricos e ademais selarán aquí a Compostela e o solpor. 100 anos despois de que este faro apagara a luz, a súa estrutura rexorde.

Durante a inauguración o presidente Rueda destacou a aposta da Xunta por recuperar bens patrimoniais singulares do Camiño de Santiago para dinamizalos e potenciar o atractivo das rutas.

Pensado para recibir tanto peregrinos coma turistas e veciños da zona, o proxecto culminarase coa transformación do Faro Principal ou Grande de Cabo Silleiro nun hotel de tres plantas e un restaurante.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade