Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rueda insiste no aval xurídico á lei galega do litoral

Rueda insiste no aval xurídico á lei galega do litoral

O presidente da Xunta asina con Nueva Pescanova a adhesión da empresa á Alianza Galega polo Clima

Besteiro negou que existan incoherencias porque “o PSdeG defende a seguridade xurídica"

G24.gal 03/05/2023 15:35

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, insistiu este mércores en que non é necesario cambiar o Estatuto para que Galicia asuma as competencias sobre a súa costa. Rueda defendeu a necesidade da lei galega do litoral nunha visita ás instalacións que ten no Grove Nueva Pescanova, que acaba de sumarse á alianza galega polo clima.

A Xunta calcula que máis de 300 empresas, como este centro de investigación de Nueva Pescanova no Grove, están ameazadas polo novo regulamento de costas do Goberno central. De aí a necesidade, insiste Alfonso Rueda, da lei galega do litoral para garantir, di, a compatibilidade da industria coa preservación do medio.

O presidente defende que Galicia non ten que cambiar o Estatuto para asumir esas competencias como fixeron outras comunidades. "Fixérono aquelas en que o seu Estatuto non prevé estas competencias. O noso si o prevé, e así o di o Consello Consultivo e tamén ditames xurídicos", explicou.

O xefe do Goberno galego fixo estas declaracións tras asinar co presidente de Nueva Pescanova, José María Benavent, a sinatura do acordo polo que o grupo pesqueiro pasa a ser unhas das 60 empresas adheridas á Alianza Galega polo Clima que impulsa a Xunta e pola que as compañías se comprometen e reducir emisións ou producir con enerxías renovables.

"As principais empresas xa están incorporadas a esta Alianza, que ademais do compromiso en si é unha chamada de atención a toda a sociedade para que nos concienciemos e nos impliquemos aínda moito máis", afirmou o presidente da Xunta.

Rueda di que as temperaturas do último mes e as ameazas de seca evidencian a necesidade de sumar aliados contra o cambio climático.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade