Cargando resultados...
Rueda non prevé cambios "inmediatos" en Sanidade
Rueda non prevé cambios "inmediatos" en Sanidade
O presidente da Xunta asegura que o seu Goberno seguirá "mantendo canles de diálogo"
G24.gal
29/12/2022 16:33
Última actualización 29/12/2022 19:33
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, di que "respecta as críticas e decisións de algúns", en relación á dimisión do presidente do Consello Galego de Médicos, Isidro Lago, e asegura que o seu Goberno seguirá "mantendo canles de diálogo".
En declaracións aos medios tras o Consello da Xunta deste xoves, Rueda afirmou que "non pode garantir" que non haxa remudas en algunha consellería no futuro, pero engadiu que non "ten intención directa e inmediata de facer cambios de ningún alto cargo".
O xefe do Goberno galego asegura que a súa obriga é escoitar as propostas de mellora na Sanidade e que seguirá falando cos profesionais.