Rueda pídelle ao Goberno que rectifique sobre a quitación da débeda ás comunidades
O presidente da Xunta solicita que se aborde un novo modelo financeiro máis xusto
Alfonso Rueda pídelle ao Goberno central que recapacite e retire a condonación da débeda que aprobou este mércores o Consello de Política Fiscal e Financeira coa oposición da maioría das comunidades autónomas, entre elas Galicia. O presidente galego solicita que se aborde un novo modelo financeiro máis xusto.
O presidente da Xunta di que o Goberno central ofrece a condonación da débeda porque non quere falar dun novo modelo de financiamento e asegura que o que fixeron as comunidades no Consello de o Política Fiscal foi defender os intereses dos seus territorios.
Alfonso Rueda insiste en que coa condonación que propón o Ministerio de Facenda, os galegos terán que asumir a débeda doutras comunidades que non cumpriron as regras de déficit.