Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rueda reunirase o xoves co ministro de Infraestruturas luso polo AVE Lisboa-Vigo

Rueda reunirase o xoves co ministro de Infraestruturas luso polo AVE Lisboa-Vigo

Rueda espera implicacion no proxecto por parte dos gobernos portugués e español

O presidente galego agradeceulle a Óscar Puente a súa claridade e sinceridade cos prazos

Tren inaugural da alta velocidade galega. (EFE/Brais Lorenzo)
G24.gal 20/05/2024 16:43

O próximo xoves terá lugar unha reunión entre o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o ministro de Infraestruturas portugués, Miguel Pinto Luz. O encontro terá como tema central o proxecto de conexión ferroviaria de alta velocidade enter Lisboa, O Porto e Vigo.

Despois da celebración do Consello da Xunta, Rueda compareceu ante os medios de comunicación e anunciou a súa esperanza de que "quede claro o compromiso" do Goberno luso con esta infraestrutura e, deste xeito, o Executivo español comprenda que esta conexión e máis sinxela que a de Lisboa-Madrid.

Así, Rueda pediulle ao Goberno español que "se poña en serio" con devandita conexión e comece a coordinarse con Portugal. Nese sentido, o presidente galego espera que sexa útil o clima de colaboración que se abriu o pasado xoves co ministro de Transportes, Óscar Puente.

O máximo responsable da Xunta agradeceulle a Puente a súa sinceridade e claridade respecto as infraestruturas comprometidas en Galicia, ademais de afirmar que mentres o Goberno central "cumpra con Galicia", a Xunta sempre estará disposta a recoñecelo.

Por outra banda, Rueda advertiu que as últimas declaracións de Puente na Cadena SER, nas que descartaba o rescate e traspaso da AP-9, contradin o expresado en campaña polo líder do PSdeG, Xosé Ramón Besteiro, sobre a súa gratuidade.

Porén, o líder galego continuará insistindo e xa lle pediu a Pedro Sánchez unha reunión para tratar esta cuestión, e espera que todos os partidos galegos apoien a petición do traspaso cando se volva a debatir no Congreso.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade