Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rueda sobre o traspaso da AP-9: "Imos esixir o que foi un compromiso do PSOE en campaña"

Rueda sobre o traspaso da AP-9: "Imos esixir o que foi un compromiso do PSOE en campaña"

O presidente da Xunta acusa o Ministro de Transportes de facer saltar polo aire o acordado por todas as forzas políticas en Galicia tras asegurar que a transferencia só sería posible se alguén pon 6.000 millóns

Vista da ponte de Rande na AP-9
G24.gal 15/06/2024 12:53 Última actualización 15/06/2024 13:36

O Goberno galego quere xestionar a AP-9 desde Galicia e vai esixir que se atenda o acordado polo Parlamento Galego e referendado no Congreso dos Deputados.

Alfonso Rueda acusou ao ministro de Transportes de facer saltar polos aires o acordado por todas as forzas políticas en Galicia despois de que onte dixese que a transferencia sería posible se alguén pon os 6.000 millóns.

O presidente da Xunta pide rigor e unidade para esixir que se cumpra o que foi unha promesa dos socialistas na campaña electoral e que tamén era un dos asuntos centrais do pacto de investidura asinado polo BNG e o PSOE para facilitar o acceso de Sánchez á Moncloa.

Ningún rigor

Lamentou Rueda que o ministro "despachase este asunto como o despachou", na súa opinión, "con moi pouca seriedade, ademais, na estimación".

"Un día falou de 4.000 millóns, onte falou de 6.000. Iso demostra que non dedicou nin un minuto para considerar este tema. Non hai ningún rigor, ningún compromiso, e nós imos seguir esixindo o que a Galicia lle corresponde", insistiu.

Así mesmo, lembrou que Galicia quere "xestionar a AP-9" para "poder aplicar descontos e para que estea máis coidada". Despois, engadiu, esixirá "o que foi un compromiso dos socialistas en campaña".

Unha campaña, apuntou, na que estivo presente o presidente do Goberno, "que coñecía ese compromiso e en ningún caso dixo que non se fose cumprir", polo que lle demandou ao socialistas "rigor e unidade".

"Tanto o PP como a Xunta tómanse este tema moi en serio e ímolo empuxar ata o final para que sexa unha realidade", manifestou o presidente popular.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade