Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rueda teme que o financiamento singular a Cataluña sexa o prezo a investidura de Illa

Rueda teme que o financiamento singular a Cataluña sexa o prezo a investidura de Illa

O presidente da Xunta insiste en reclamar unha negociación multilateral no seo da Conferencia de Presidentes

ERC esixe un financiamento para Cataluña fóra do réxime común

EFE 17/06/2024 15:16

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mostrou este luns o seu temor a que a negociación dun financiamento singular para Cataluña sexa o prezo a pagar por parte do Goberno de Pedro Sánchez para a investidura de Salvador Illa como president da Generalitat

"Xa sabemos o que nos custou a investidura de Pedro Sánchez e agora vemos a que nos custará a do señor Illa”, reprochou o presidente galego na conferencia de prensa posterior á reunión semanal do Consello da Xunta.

En todo caso, Rueda sinalou que a proposta de negociacións bilaterais é "inviable" porque vai contra a igualdade dos territorios e só se basea en "tratar ben" a quen necesita por "apoios parlamentarios", mentres outras comunidades "saen prexudicadas".

Denunciou así a postura de Sánchez respecto a unha negociación bilateral e remarcou que "é fácil de entender que estamos absolutamente en desacordo" porque en Galicia "levamos moito tempo pedindo que se faga o contrario" para negociar o novo modelo de financiamento no marco dunha reunión conxunta.

Ao fío desta cuestión, Rueda indicou que a Xunta demanda desde hai tempo unha reunión da Conferencia de Presidentes, sen ter resposta do Goberno central, aínda que a teor das declaracións de Sánchez "cada día queda máis claro por que non se convoca", aseverou.

Ao seu entender, ao presidente do Goberno "non lle interesa falar de forma multilateral" xa que "lle segue interesando a bilateralidade con territorios moi concretos" cunha política de "divide e vencerás, que só usan os malos gobernantes".

Fronte a iso, o presidente da Xunta ve posible articular unha fronte conxunta entre as comunidades que sairían prexudicadas e que, aventura, non serán só as gobernadas polo PP.

Na súa opinión, hai moitos gobernantes contrarios a "crebar a igualdade territorial básica” cun modelo de financiamento que premie a uns poucos "á conta do que ten que distribuírse conxuntamente".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade