Rueda traslada á CE a urxencia de que os fondos europeos cheguen "canto antes"
Rueda traslada á CE a urxencia de que os fondos europeos cheguen "canto antes"
O presidente da Xunta mantivo unha xuntanza no Grove co vicepresidente da Comisión Europea, Margaritis Schinas
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, reuniuse co vicepresidente da Comisión Europea, Margaritis Schinas, responsable para a promoción do estilo de vida europeo, ao que trasladou a necesidade de que os fondos europeos cheguen "canto antes" aos seus destinatarios.
Rueda e Schinas mantiveron unha reunión no Grove. Nesa xuntanza, tamén se abordou a posibilidade de abrir novas vías que permitan potenciar Galicia "como referente cultural, histórico e de patrimonio a escala europea".
O encontro, sinalan nun comunicado, tivo lugar no marco do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, celebrado esta pasada semana na localidade pontevedresa do Grove, onde ambos indicaron a importancia do financiamento procedente da Unión Europea para Galicia, tamén ao longo das últimas décadas, "que resultou unha axuda fundamental no desenvolvemento experimentado pola comunidade e a súa converxencia social e económica".