O PP acusa a Marlaska de ser "o ministro de Bildu"
Faino responsable de entregar subvencións a Bildu, malia levar nas súas listas condenados por pertencer á ETA
O ministro asegurou que están a seguir a lei e que só se lles entregaron un anticipo, pero que o procedemento completo aínda non se resolveu
O Partido Popular acusa o ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, de entregar subvencións a Bildu, malia levar nas súas listas condenados por pertencer á ETA. Marlaska asegurou que están a seguir a lei e que só se lles entregaron un anticipo nas eleccións locais de 2023. Aclarou que aínda non se resolveu o procedemento completo de entrega desas subvencións.
"Pagar a un partido por levar na súa candidatura a terroristas é imperdoable. Vostede fíxoo coa súa sinatura, coa súa complicidade e co seu silencio. Todo porque sen Bildu o seu xefe non pisa a Moncloa. Por uns votos manchados de sangue para Sánchez o que faga falta", denunciou María Mar Blanco, senadora do PP.
"Hai un segundo informe e aínda estamos pendentes da comisión mixta (para resolver as subvencións). Aplicamos a lei para vencer a organización terrorista ETA, pero tamén aplicamos a lei cando xa se venceu porque esa é a base de toda democracia", respondeu Marlaska.