Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rueda urxe unha reunión con Sánchez coas conexións ferroviarias como tema central do encontro

Rueda urxe unha reunión con Sánchez coas conexións ferroviarias como tema central do encontro

O presidente da Xunta en funcións destacou a falta de investimentos no Corredor Atlántico de Mercadorías

G24.gal 29/02/2024 18:26 Última actualización 29/02/2024 18:45

O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, avanzou este xoves que unha vez tome posesión do cargo vai solicitarlle unha reunión a Pedro Sánchez para falar dos compromisos pendentes do Goberno central en Galicia. Rueda anunciou que un dos temas centrais dese encontro na Moncloa serán as infraestruturas ferroviarias.

O Consello da Xunta en funcións analizou un informe sobre o grao de execución das infraestruturas e servizos de tren compormetidos. Rueda dixo que o balance dese documento é "preocupante" e que por iso esta materia será prioritaria na súa reunión con Pedro Sánchez.

Entre as materias pendentes que marca ese informe, o presidente da Xunta en funcións destacou a falta de investimentos no Corredor Atlántico de Mercadorías, que non haxa un cronograma sobre o AVE Vigo-O Porto ou seguir á espera dos trens Avril. Rueda reclamaralle tamén ao presidente do Goberno melloras no AVE Madrid-Galicia e a modernización das liñas Ferrol-A Coruña, A Coruña-Monforte ou Ferrol-Ribadeo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade