Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rueda vai facer unha viaxe institucional á Arxentina e ao Uruguai a mediados de outubro

Rueda vai facer unha viaxe institucional á Arxentina e ao Uruguai a mediados de outubro

O presidente da Xunta, na súa primeira viaxe oficial, busca estreitar relacións cos dous países e contactar coa emigración galega

G24.gal 18/09/2022 13:38 Última actualización 18/09/2022 21:12

O xefe do goberno da cidade autónoma de Buenos Aires, Horacio Rodríguez Larreta, en videoconferencia co presidente Rueda agradeceulle a súa visita á capital arxentina.
O diálogo forma parte da rolda de contactos preparatorios da viaxe institucional de Alfonso Rueda á Arxentina e o Uruguai entre o 13 e o 17 de outubro.

A axenda da visita incluirá encontros con diplomáticos españois alá e autoridades locais do máis alto nivel, segundo fontes da Xunta. O presidente dálle prioridade tamén ao contacto coa colectividade galega residente nos dous países para coñecer a súa situación de primeira man.

Alfonso Rueda participará en actos de promoción do Camiño de Santiago na Arxentina e na República Oriental do Uruguai.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade