Rufián admite que usou os presupostos como "panca" para negociar a sedición
Rufián admite que usou os presupostos como "panca" para negociar a sedición
O político catalán aclarou despois en Twitter que ERC encara as negociacións de xeito illado
Margarita Robles cuestiona a Rufián e o PP sostén que "se confirma que Sánchez pagou un prezo" para seguir na Moncloa
Gabriel Rufián explica nunhas declaracións a Radio Nacional que lles gustaría negociar co PSOE doutra maneira, pero que "os marean ou lles menten" e que a opción é utilizar pancas de forza como a empregada na negociación dos presupostos.
"En moitos casos temos que utilizar pancas de forza para que o PSOE se mova en compromisos que, de feito, son seus. Convén lembrar que o presidente Sánchez se comprometeu, hai xa uns anos, nesta Cámara cando xa era presidente a derrogar o delito de sedición".
Margarita Robles cuestionou a Rufián sinalando que isto responde a unha estratexia electoralista.
"Ben, eu imaxino que Rufián está na súa propia campaña electoral e, polo tanto, eu considéroo dentro do ámbito da campaña electoral do señor Rufián".
Desde o PP, Cuca Gamarra destaca que Sánchez "entregou o Código Penal para sobrevivir un ano máis na Moncloa".
"Pedro Sánchez aceptou debilitar o Estado, entregando a impunidade aos líderes de Esquerra Republicana de Cataluña derrogando o delito de sedición".
A posteriori, Rufián matizaban as súas palabras en Twitter sinalando que el non confesa nada. Di que contesta coa "resposta de sempre: o PSOE non fai, ao PSOE obrígaselle a facer" e aclara que "Esquerra encara cada negociación de forma illada".