Publicador de contidos
Publicador de contidos

Romanía lidera na decepción de Bélxica e Ucraína

Romanía lidera na decepción de Bélxica e Ucraína

Eslovaquia queda terceira e é o rival máis probable de España

G24.gal 26/06/2024 19:46

O empate inicial en ambos partidos beneficiaba a Romanía, o que a convertía en líder dun grupo no que Ucraína, selección que pintaba como revelación, era pechacancelas ao comezo da xornada. Eslovaquia adiantouse no marcador, disipando as dúbidas dun posible amaño nese partido, xa que a Eslovaquia e a Romanía lles servía o empate. A vitoria momentánea de Eslovaquia e o empate no outro partido do grupo colocaba a Romanía pechacancelas do grupo, pero apenas durou dez minutos.

O partido entre Bélxica e Ucraína desenvolvíase como se todo estivera decidido, encontro aburrido, e sen grandes ocasións, ata que a Ucraína, que levaba todo o día eliminada entroulle a présa por marcar un gol. Pese a ese intento de conseguir o gol as ocasións foron inexistentes, o único un centro de córner que case acaba en gol olímpico. Bélxica e Ucraína postúlanse como as dúas grandes decepcións do campionato, iso si, Bélxica pasa como segunda. O terceiro clasificado, Eslovaquia, é o rival máis probable de España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos