Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rusia abandona o Consello de Europa e revoga o Convenio de Dereitos Humanos

Rusia abandona o Consello de Europa e revoga o Convenio de Dereitos Humanos

O artigo 7 do estatuto da organización permite que calquera membro se poida retirar 

Faino mentres o propio Consello de Europa decidía se expulsar ou non a Rusia

G24.gal 15/03/2022 19:48

Rusia anunciou este martes que abandona o Consello de Europa e que revoca o Convenio de Dereitos Humanos, segundo informou o voceiro da secretaria xeral do organismo Marija Pejcinovic.

A decisión rusa baséase no artigo 7 do Estatuto da organización, que permite que calquera membro "se poida retirar notificando a súa decisión ao secretario xeral", lembra o voceiro nun comunicado de prensa.

A decisión de Moscova ten lugar mentres o propio Consello de Europa debatía se expulsar ou non a Rusia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade