Cargando resultados...
Rusia anuncia a toma do centro de Bakhmut
Rusia anuncia a toma do centro de Bakhmut
As forzas ucraínas aínda permanecen no barrio occidental
Ucraína non recoñece a vitoria rusa en Bakhmut
G24.gal
03/04/2023 08:23
A guerra en Ucraína cumpre hoxe 404 días da invasión rusa. Desde hai varias semanas, os enfrontamentos máis duros entre as forzas rusas e ucraínas danse en Bakhmut, ao leste do país.
Esta noite, o grupo de mercenarios rusos Wagner anunciou a toma do centro da cidade e da Administración. Con todo, as tropas de Zelenski aínda permanecen no barrio occidental.
De momento, Ucraína non recoñece a vitoria rusa. Na súa mensaxe nocturna, arredor das dez da noite, o presidente ucraíno limitouse a dicir que nas últimas horas a situación era especialmente tensa.