Rusia ataca a cidade natal do presidente ucraíno, Voldomir Zelenski
Rusia ataca a cidade natal do presidente ucraíno, Voldomir Zelenski
Bombardeo masivo ruso en Ucraína, con mortos e desaparecidos
Os primeiros informes indican que hai polo menoz dez vítimas mortais
Un masivo bombardeo ruso con mísiles deixou polo menos dez mortos en Kryvyi Rhi, na rexión ucraína de Dnipropetrovsk e cidade natal do presidente Volodímir Zelenski, que o cualificou de "ataque terrorista" por parte das tropas rusas.
O último balance de vítimas foi ofrecido polo alcalde da cidade, Oleksandr Vilkul, que cifrou en 28 o número de feridos e declarou para mañá un día de loito oficial.
O xefe da administración militar da rexión, Serhiy Lysak, informara previamente a través da súa canle de Telegram de que os rusos perpetraran " outro acto terrorista contra zonas residenciais. Durante toda a noite. Hai mortos e feridos". "Os apartamentos do primeiro ao quinto piso están en chamas. O lume cubriu 700 metros cadrados. Os rescatistas están a apagalo", dixo Lysak, citado pola axencia de noticias Ukrinform.
Segundo Ukrinform, un mísil ruso de alta precisión impactou contra un bloque de apartamentos.
Kryvyi Rhi, de 635.000 habitantes, está situada a 440 quilómetros ao sur de Kíiv.
Segundo a axencia Ukrinform, un mísil ruso de alta precisión impactou contra un bloque de apartamentos e un número indeterminado de residentes seguen entre os entullos.
Kryvyi Rhi, de 635.000 habitantes e situada uns 440 quilómetros ao sur de Kiev, é a cidade natal do presidente ucraíno, Voldomir Zelenski.
O presidente ucraíno mandou, nunha mensaxe a través das súas redes sociais, que "os mísiles terroristas, asasinos rusos continúan a súa guerra contra edificios residenciais, cidades comúns e persoas. Desafortunadamente, hai mortos e feridos. A operación de rescate en Kryvyi Rih continúa".
"As miñas condolencias a todos aqueles que perderon aos seus seres queridos! Os terroristas nunca serán perdoados e serán responsables por cada mísil que lancen", agregou.