Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rusia ataca Kíiv con drons e alcanza unha infraestrutura crítica en Leópolis

Rusia ataca Kíiv con drons e alcanza unha infraestrutura crítica en Leópolis

Os obxectivos foron as comunicacións, propiedades e equipos da industria agrícola e gandeira e un popular lugar de vacacións

Ucraína di que recuperou oito localidades ocupadas polos rusos

G24.gal 20/06/2023 08:25

Rusia atacou nas últimas horas Kíiv con vinte drons kamikaze iranianos que foron destruídos na súa totalidade polas defensas antiaéreas ucraínas e alcanzaron un punto “de infraestrutura crítica” na cidade de Leópolis, no oeste de Ucraína, informaron este martes as autoridades militares ucraínas.

En total, Rusia lanzou contra territorio ucraíno 30 drons kamikaze Shahed, 28 dos cales foron derrubados polas defensas aéreas ucraínas, segundo o parte militar ofrecido hoxe polo Estado Maior das Forzas Armadas de Ucraína.

Ademais de Kíiv e Leópolis, as forzas rusas tamén atacaron Zaporijjia, no sueste do país e máis preto da fronte.

“Os obxectivos dos atacantes foron as comunicacións, propiedades e equipos da industria agrícola e gandeira e un popular lugar de vacacións”, segundo a administración militar da zona.

As defensas antiaéreas ucraínas tamén derrubaron tres drons na provincia de Mikoláiiv, no sur de Ucraína. 

O Goberno de Zelenski di que xa lograron recuperar oito localidades, en total uns cen quilómetros de territorio, inda que admite que a fronte oriental é moi complicada pola superioridade aérea e de artillería do inimigo.

O voceiro militar do Kremlin informou que as forzas armadas rusas repeleron nas últimas horas tres ataques en Zaporijjia e Crimea. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade