Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rusia bloquea Twitter e Facebook pola presunta difusión de información falsa

Rusia bloquea Twitter e Facebook pola presunta difusión de información falsa

No país tamén se aprobou unha lei para criminalizar a publicación de "noticias falsas"

G24.gal 04/03/2022 22:50

O regulador ruso das comunicacións, Roskomnadzor, procedeu a bloquear Twitter, pouco despois de facer o propio coa rede social Facebook. Segundo un documento na web do regulador, a medida obedece a unha petición da Fiscalía rusa do 24 de febreiro, data do inicio da operación militar rusa en Ucraína.

Previamente, Roskomnadzor anunciou o bloqueo do acceso en Rusia á rede social Facebook en resposta á "censura" de contas de medios rusos. "O 4 de marzo decidiuse bloquear o acceso á rede social Facebook, controlada por Meta, no territorio da Federación Rusa", sinalou Roskomnadzor nun comunicado.

O regulador ruso xa restrinxira parcialmente e retardado o acceso a Facebook e Twitter pola difusión de "información falsa" sobre a actuación das forzas rusas en Ucraína.

Entón explicou que tomaba esta medida despois de que a tecnolóxica estadounidense restrinxise as contas oficiais de catro medios ruso: a canle de televisión militar Zvezda, a axencia oficial RIA Nóvosti, o portal Lenta e o diario Gazeta.ru.

A Oficina do Fiscal Xeral de Rusia precisou que Facebook "ilegalmente restrinxiu a difusión a través de usuarios da Internet de información socialmente importante no territorio da Federación Rusa, incluídos mensaxes e materiais de medios rexistrados, en conexión coa imposición de sancións políticas e económicas por parte de países estranxeiros con respecto a Rusia".

As autoridades rusas consideran que iso viola o dereito dos cidadáns contido no artigo 29 da Constitución rusa a "acceder libremente, recibir, transmitir, producir e difundir información de maneira legal", afirmou a Fiscalía.

Roskomnadzor indicou que solicitou a Meta, matriz de Facebook, que levante as restricións e explique as razóns da súa introdución, pero a rede social ignorou o requirimento ruso.

Este venres Rusia aprobou unha lei que prevé tamén criminalizar a publicación de "noticias falsas" que pretenden desprestixiar ao Exército ruso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade