Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rusia celebra este martes o Día da Vitoria sobre a Alemaña nazi

Rusia celebra este martes o Día da Vitoria sobre a Alemaña nazi

O exército ruso recrúa os bombardeos contra as cidades ucraínas

Moscova blíndase con medidas estritas de seguridade ante o temor a atentados ou sabotaxes Moscova blíndase con medidas estritas de seguridade ante o temor a atentados ou sabotaxes
G24.gal 09/05/2023 08:41 Última actualización 09/05/2023 08:54

Rusia celebra hoxe o Día da Vitoria, que conmemora a derrota da Alemaña nazi a mans da Unión Soviética, un desfile marcado este ano polo reforzo das medidas de seguridade por temor a atentados ou sabotaxes.

Nas horas previas á celebración, o exército ruso lanzou un intenso bombardeo contra varias cidades ucraínas, tamén contra a capital. En todo o país, volveuse declarar a alarma aérea ante a ameaza de que Rusia podería engadir aos seus ataques mísiles hipersónicos, difíciles de derrubar polos sistemas de defensa ucraínos.

A presidenta da Comisión Europea Ursula von der Leyen acaba de chegar a Kíiv para conmemorar con Volodimir Zelenski o Día de Europa e reafirmar o seu apoio a Ucraína.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade