Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rusia e Ucraína intercambian 230 prisioneiros de guerra

Rusia e Ucraína intercambian 230 prisioneiros de guerra

O acordo foi posible grazas á mediación dos Emiratos Árabes Unidos

Os militares ucraínos levaban moito tempo en prisións rusas
G24.gal 25/08/2024 14:00

Os gobernos de Rusia e Ucraína completaron o primeiro grande intercambio de militares recoñecidos coma prisioneiros de guerra. 

Os soldados rusos foron capturados durante a invasión da rexión de Kursk

A mediación dos Emiratos Árabes Unidos permitiu este inusual acordo entre Ucraína e Rusia. 115 soldados rusos, capturados durante a recente invasión da provincia de Kursk, foron intercambiados por 115 militares ucraínos que permanecían en prisións rusas.

O intercambio puido producirse nalgún punto da fronteira de Bielorrusia e Ucraína

O ministerio de Defensa ruso dixo que os seus soldados están en Bielorrusia, polo que o intercambio puido producirse nalgún punto da fronteira de Ucraína con este país aliado de Vladimir Putin.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade