Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rusia permítelle a Ucraína exportar cereais para evitar un episodio de fame global

Rusia permítelle a Ucraína exportar cereais para evitar un episodio de fame global

Ambos os dous países asinaron un acordo en Istambul onde se vai crear un centro para velar pola aplicación do pactado

G24.gal 22/07/2022 19:36 Última actualización 22/07/2022 21:48

No medio dunha crise alimentaria que comezou a sacudir o mapa político mundial, Kíiv e Mosova asinaron este venres en Istambul un acordo que permitirá a exportación de cereais ucraínos no medio da guerra e facilitará a venda de fertilizantes rusos.

O acordo permitirá exportar desde tres portos ucraínos -Odesa, Pivdennyi e Chornomorsk- ao redor de 22 millóns de toneladas de trigo, millo e outros cereais almacenados en silos, que non se podían vender por mor do bloqueo naval ruso.

O ministro de Defensa de Rusia, Serguei Shoigu, e o titular de Infraestruturas de Ucraína, Oleksandr Kubrakov, asinaron o pacto en Istambul, aínda que nunca coincidiron na mesa ao mesmo tempo.

A cerimonia para establecer corredores marítimos seguros estivo presidida polo secretario xeral da Organización das Nacións Unidas, Antonio Guterres, e o mandatario de Turquía, Recep Tayyip Erdogan.

Turquía, membro da OTAN, mantén boas relacións tanto con Moscova como con Kiív e ademais aplica o tratado internacional que regula a navegación polo Estreito dos Dardanelos e o Bósforo, a vía de auga que comunica o Mediterráneo co Mar Negro.

A partir deste pacto créase en Istambul un Centro de Coordinación Conxunto (JCC, nas súas siglas en inglés) que verificará a aplicación do acordo, que prevé inspeccións por parte da ONU e de Turquía dos barcos que entren e saian do Mar Negro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade