Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rusia reorganiza o mando militar en Ucraína e coloca un xeneral que loitou en Siria

Rusia reorganiza o mando militar en Ucraína e coloca un xeneral que loitou en Siria

Moscova confía en Alexander Dvornikov para lograr os seus obxectivos antes do 9 de maio, cando Rusia conmemora a vitoria na II Guerra Mundial

G24.gal 09/04/2022 13:37

Rusia reorganiza a cúpula militar que dirixe as operacións en Ucraína para tratar de mellorar a coordinación das súas unidades sobre o terreo.

O Kremlin coloca o xeneral Alexander Dvornikov, con experiencia en Siria, como o primeiro elo da cadea de mando para dirixir a invasión, conforme informa a BBC.

O exército ruso mantivo ata o de agora distintos grupos operativos con mandos independentes e 45 días despois de comezar os ataques en Ucraína non logrou cumprir os seus obxectivos nin tomar grandes cidades como Kíiv.

Moscova trata de acelerar as súas operacións para lograr "algún éxito" antes do 9 de maio, data significativa xa que Rusia conmemora a vitoria na II Guerra Mundial.

A designación deste alto mando militar ruso que estivo na guerra de Siria podería supoñer aplicar en Ucraína o experimentado en Siria cunha devastadora campaña de bombardeos nas áreas baixo control das faccións rebeldes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade