Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rusia suspende o acordo de exportación de gran ucraíno dende Crimea

Rusia suspende o acordo de exportación de gran ucraíno dende Crimea

Di que o fai por un ataque de Kíiv e o Reino Unido contra a súa frota en Crimea

A ONU alerta de que está en risco o acceso á comida de millóns de persoas no mundo

G24.gal 29/10/2022 20:11 Última actualización 29/10/2022 20:46

Moscova suspende o pacto que permitía a exportación de cereais desde os portos ucraínos. Un acordo alcanzado en xullo para evitar unha crise alimentaria global.

O voceiro do Ministerio de Defensa explicou que a decisión responde a un ataque contra buques da súa frota en Sebastopol por parte de Kíiv, con axuda do Reino Unido. Di que deixou danos menores porque o repeleron.

Ucraína afirma que afectou a catro barcos de guerra rusos pero mantén que foi un fallo dos propios rusos ao manipular explosivos, que Moscova usa como pretexto para bloquear o corredor de gran.

A ONU está en contacto coas autoridades rusas para que volvan ao pacto e pídelles ás dúas partes que non o poñan en risco. Subliña que ata o de agora salvou cen millóns de persoas de caer na pobreza extrema.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade