Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rusia ve posible negociacións de paz para Ucraína, pero só cunha nova orde mundial

Rusia ve posible negociacións de paz para Ucraína, pero só cunha nova orde mundial

Serguéi Lavrov está de visita en Turquía para abordar, entre outros temas, o conflito con Ucraína

A China non cambiará a súa postura polas presións externas, segundo o Kremlin

G24.gal 07/04/2023 13:00

O ministro ruso de Asuntos Exteriores, Serguéi Lavrov, considerou este xoves en Ankara que son posibles negociacións de paz en Ucraína dentro dunha "nova orde mundial", a condición de que se teña en conta os "intereses xustos" de Rusia.

O ministro ruso culpou aos países occidentais e a Estados Unidos de non permitir que Ucraína sente á mesa de negociacións de paz. "Os Estados Unidos queren ser hexemónicos e impoñer a súa posición a todos. Queren unha nova orde mundial unilateral", afirmou.

En referencia ás visitas da presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, e o líder francés, Emmanuel Macron á China, dende o Kremlin afirman que o xigante asiático é unha gran potencia cunha postura soberana que non cambia por "influencias externas".

O voceiro da Presidencia rusa, Dmitri Peskov, cualificou de "moi importantes" os contactos que manteñen os líderes europeos con dirixentes chineses e asegurou que o Kremlin estuda todas as informacións sobre esas visitas. En todo caso, asegurou que Rusia e A China teñen as súas relacións e concéntranse nelas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade