Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ucraína cambia a metade dos seus ministros mentres Rusia recrúa os seus ataques

Ucraína cambia a metade dos seus ministros mentres Rusia recrúa os seus ataques

Polo menos sete persoas morreron nun ataque ruso en Leópolis, tres deles menores

Ataque en Léopolis (Reuters) Ataque en Léopolis (Reuters)
G24.gal 04/09/2024 11:05

Polo menos catro ministros ucraínos presentaron nos últimos dous días a súa dimisión ao Parlamento, e o xefe do grupo maioritario na Cámara, David Arajamía, anunciou que máis da metade dos integrantes do Gabinete serán substituídos nas próximas horas, no cambio de Goberno máis significativo desde o comezo da guerra.

“Como se prometeu, esta semana espérase un cambio importante no Goberno. Más do 50 % da súa composición cambiará”, escribiu na súa conta de Telegram o xefe da fracción parlamentaria do partido do presidente Volodímir Zelenski, Sluga Narodu (Servidor do Pobo), que ten maioría absoluta na Cámara.

Arajamía adiantou que este mércores se consumarán todas as dimisións e o xoves realizaranse os novos nomeamentos. A lista de nomes debe quedar completada este mércores na reunión do grupo parlamentario maioritario.

Ata o momento presentaron a súa dimisión os titulares de Exteriores, Dmitró Kuleba; Xustiza, Denís Maliuska; Industrias Estratéxicas, Oleksandr Kamishin, e Medio Ambiente e Recursos Naturais, Ruslán Strilets. Tamén presentou a súa dimisión, que do mesmo xeito que a dos ministros debe agora ser aceptada formalmente pola Cámara, o xefe do Fondo de Propiedade do Estado, Vitali Koval.

O presidente ucraíno, Volodímir Zelenski, declarou repetidamente nas últimas semanas que ían producirse cambios na composición do Goberno. O primeiro ministro, Denís Shmigal, tamén anunciou plans dunha redución de ministerios para reducir gastos en tempos de guerra e axilizar o funcionamento do Gabinete. 

Rusia lanza de madrugada contra Ucraína 13 mísiles e 29 drons

Rusia lanzou a pasada madrugada un novo grande ataque contra Ucraína no que utilizou 13 mísiles, deles dous hipersónicos Kinzhal, e 29 drons kamikaze iranianos Shahed dirixidos sobre todo contra rexións do oeste do país, segundo o parte publicado este mércores pola Forza Aérea ucraína.

As defensas aéreas lograron derrubar 22 drons, 4 mísiles de cruceiro Kh-101 e 3 mísiles de cruceiro Iskander-M. Os mísiles Kinzhal e catro dos mísiles de cruceiro non puideron ser interceptados.

Polo menos sete persoas morreron, entre eles tres menores, e preto de cincuenta sufriron lesións na cidade de Leópolis durante o ataque, que tamén provocou feridos na cidade de Krivi Rig, na rexión de Dnipropetrovsk.

Rusia lanzou nos últimos días varios ataques masivos que provocaron graves danos no sistema enerxético e noutros tipos de infraestrutura e causaron múltiples mortes en diversas rexións ucraínas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade