Os EUA e a OTAN desbotan a petición de Rusia de frear a ampliación da Alianza
Os EUA e a OTAN desbotan a petición de Rusia de frear a ampliación da Alianza
Rusia xa ten a resposta dos EUA ás súas demandas de seguridade
Se Rusia escolle a vía militar, os EUA sancionarán a Putin
O cuarteto de Normandía busca en París rebaixar a tensión coa vía diplomática
Rusia xa ten no seu poder o documento estadounidense que responde ás súas demandas de seguridade, unha peza que pode ser clave no conflito. Moscova busca frear así a expansión dos aliados na contorna do seu territorio.
Unhas esixencias suxeitas a chantaxes. O Kremlin asegura que de non concederse, as consecuencias serán duras. Desde unha posible invasión de Ucraína ata o recoñecemento das entidades separatistas, ou armamento apuntando a Europa desde terceiros países como pode ser Cuba.
Se Rusia escolle a vía militar, os Estados Unidos insisten en sancionar directamente a Putin, en illar o país do circuíto financeiro internacional e en cortarlle a subministración de microchips.
Antony Blinken, secretario de Estado dos EUA: "Rusia ten dúas opcións, escoller a vía diplomática ou aterse ás fortes consecuencias masivas se escolle a vía da agresión".
O chamado cuarteto de Normandía, reunido en París, busca continuar coa vía diplomática, como marcou Emmanuel Macron, nun intento de rebaixar a tensión e reactivar os acordos de Minsk asinados en 2015.
Para moitos expertos, o encontro a catro bandas é un sinal de preacordo pacífico, pero a tensión é tan intensa que prima a incerteza.
E mentres os Estados Unidos continúan as negociacións internacionais para garantir a subministración de gas a Europa, Rusia continúa coa súa exhibición de forza militar.