Cargando resultados...
Sánchez cita este martes a Nadia Calviño e Yolanda Díaz para abordar a reforma laboral
Pedro Sánchez citou ás dúas vicepresidentas e varios ministros para tratar de unificar as posturas

G24.gal
01/11/2021 20:30
Mañá celébrase a primeira xuntanza na Moncloa para abordar a reforma laboral. Pedro Sánchez citou ás dúas vicepresidentas e varios ministros para tratar de unificar as posturas dentro do Goberno sobre a reforma laboral.
Hai moitas expectativas nesta xuntanza, que vén condicionada pola decisión do propio presidente de modernizar o mercado laboral, e polo compromiso de Unidas Podemos e da vicepresidenta Yolanda Díaz de derrogar a reforma laboral de 2012.