Sada acollerá a décima edición da Carreira da Auga en beneficio de Unicef
Sada acollerá a décima edición da Carreira da Auga en beneficio de Unicef
O Club Atletismo Sada organiza esta carreira benéfica para garantir os dereitos dos nenos en todo o mundo
Xa están abertas as inscricións en Championchipnorte para poder participar na carreira que se celebrará en Sada o vindeiro domingo 8 de outubro. Haberá probas para todos os gustos e idades: de 3 quilómetros, a habitual 10K e incluso andainas curtas e longas.
No estudio multimedia da CRTVG estivo Irene Marín, de Unicef Galicia
"Agardamos moi boa participación. Todos poden facelo. En anos pasados daba gusto ver a nais e pais cos carriños dos nenos. Tódolos fondos recadados van a Unicef, para garantir os dereitos dos nenos no mundo. Hai lugares moi necesitados, con catástrofes naturais que están provocando situacións moi graves e urxentes; a dixitalización da infancia tamén é un obxectivo".