Salceda de Caselas e Chantada valoran solicitar a declaración de zona catastrófica
Salceda de Caselas e Chantada valoran solicitar a declaración de zona catastrófica
Os danos do temporal da pasada fin de semana foron cuantiosos en ambos os concellos
Os efectos do temporal foron severos en varios concellos do Baixo Miño, como Salceda de Caselas. Este concello, e tamén o de Chantada, ao sur de Lugo, estudan solicitar a declaración de zona catastrófica.
A agua deixou máis ca un regueiro, un verdadeiro río de incidencias en Salceda de Caselas. Verónica Tourón, alcaldesa de Salceda de Caselas, di que están sopesando todas as posibilidades porque os estragos son cuantiosos e o presuposto municipal non da para arranxar o que se estragou.
Derrubamentos en muros e noiros, sendas peonís estragadas ou inundacións de baixos de vivendas, negocios e instalacións municipais. Moi prexudicada a zona industrial do Cerquido. Os empresarios do polígono comentan que aínda están facendo contas do que se botou a perder coa auga.
En Chantada, o concello máis afectado polas inundacións na provincia de Lugo, o Concello tamén estuda solicitar a declaración de zona catastrófica. O Asma rebordou no centro da vila e causou cuantiosos danos.
Os estragos máis importantes rexistráronse nas zonas rurais do municipio. Os corrementos de terra arrasaron todo ao seu paso na parroquia da Sariña. Varias estradas quedaron cortadas. Os traballos de limpeza suponse que levarán meses.
A estrada entre a Sariña e Pincelo está cortada e é imprescindible para que nos poidamos acceder ás viñas, din os veciños. Os traballos de limpeza suponse que levarán meses.