Salvador Illa ultima o seu Goberno, que se reunirá por primeira vez o martes
Salvador Illa ultima o seu Goberno, que se reunirá por primeira vez o martes
Alicia Romero, negociadora do pacto con ERC, será a conselleira de Economía e Facenda
Nuria Parlón será a conselleira do Interior e Trapero volverá dirixir os Mossos
Salvador Illa xa adiantou que non terá vacacións este mes de agosto. Tras tomar posesión o sábado como presidente da Generalitat, este domingo dará a coñecer a composición do seu executivo, que gobernará en minoría, con 42 escanos, dun total de 135, apoiándose nos seus socios de investidura, ERC e os Comúns, cos que suman os 68 da maioría absoluta.
De momento hai tres nomes case seguros no futuro Govern. Nuria Parón, alcaldesa de Santa Coloma de Gramanet será a nova titular de interior nun dos peores momentos do Mossos de Squadra no centro das criticas por que non conseguiron deter a Carles Puigdemont na súa aparición en Barcelona nin impediron a segunda fuxida do expresidente. E con Parlon como conselleira, Trapero volverá para dirixir a policía autonómica. A recuperación de Trapero, destituído hai tres anos polo Goberno independentista, anunciouna o propio Illa antes das eleccións. Segundo dixo, o obxectivo é despolitizar a cúpula policial e darlle un perfil máis técnico.
Alicia Romero, voceira parlamentaria e unha das negociadoras do pacto entre o PSC e ERC, será a nova conselleira de Economía e Facenda e a encargada de concretar o financiamento singular acordado entre ambas formacións para investir a Illa.
Albert Dalmau, xente do concello de Barcelona, pode ser conselleiro da Presidencia.
Está previsto que os novos conselleiros tomen posesión este luns e o martes participarán na primeira reunión do consello de goberno.