Publicador de contidos
Publicador de contidos

Samertolameu confirma o descenso en Ondarroa

Samertolameu confirma o descenso en Ondarroa

Gañou Orio, beneficiada por un cambio de vento

Cabo da Cruz rematou cuarta

G24.gal 26/08/2023 22:48

No remo, confirmouse o descenso de Samertolameu da Liga ACT. Foi na Bandeira de Ondarroa, a penúltima antes da Concha.

A embarcación de Meira pechou a primeira quenda mentres Santurzi era a segunda, o que a deixaba xa sen opcións para a última proba antes do play off. Cabo da Cruz acabou de cuarta, en boa forma con vistas á clasificatoria da Concha. A Bandeira levouna Orio, favorecida polo cambio de vento no campo de regatas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar