Publicador de contidos
Publicador de contidos

San Froilán celebra o día do patrón, un dos máis importantes das festas lucenses

San Froilán celebra o día do patrón, un dos máis importantes das festas lucenses

A chuvia desluciu un tanto a presenza de visitantes na rúa

As casetas do polbo, unha das citas máis típicas destes festexos, teñen todo reservado

G24.gal 05/10/2024 14:54

A chuvia é unha invitada máis no San Froilán. Estaba prevista, pero incide á hora de gozar das festas.

Sábeno ben os que teñen os seus postos no feiral de San Froilán. Non hai aglomeracións coma outros anos senón máis ben un mar de paraugas.

Con todo, o San Froilán mantén o seu poder de convocatoria. Polo centro víanse varias excursións e xente que veu pasar o día ao centro de Lugo. Non en van son as festas por excelencia do outono galego.

É unha das tradicións: pasear polas festas, ver os postos do centro de Lugo e tomar o polbo nas casetas. Desta volta, desafiando a chuvia.

O día do patrón é un dos días grandes, xunto co Domingo das mozas. O programa inclúe preto de 200 actividades. As festas non fan máis que comezar. Achéguense gozar duns festexos recoñecidos de interese turístico e con máis de 300 anos de historia.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar