Sánchez pide aplicar en 2025 o pacto migratorio na UE e anuncia a reforma da lei de estranxeiría
Sánchez pide aplicar en 2025 o pacto migratorio na UE e anuncia a reforma da lei de estranxeiría
O presidente avanza a elaboración dunha nova lei de familias que amplíe os dereitos das familias monoparentais, das numerosas e daquelas integradas por migrantes e discapacitados
Feijóo insta a Sánchez a solicitar a axuda da UE para retomar o diálogo de inmigración: "Poña a súa sinatura a carón da miña e España terá unha política migratoria de verdade"
O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, pedirálle á Comisión Europea que adiante un ano -ao verán de 2025- a entrada en vigor do Pacto de Migración e Asilo.
Foi nunha comparecencia no Congreso na que analizou as medidas que aplicará o seu goberno para facer fronte á crise migratoria. Sánchez comprometeuse a despregar unha política migratoria "responsable e humanitaria, que non se desentenda do fenómeno migratorio" e anunciou a reforma do regulamento de estranxeiría.
Ademais, o presidente anunciou na cámar aa posta en marcha nas "próximas semanas" dun plan nacional de integración e de convivencia intercultural.
E avanza tamen a elaboracion dunha nova lei de familias que amplíe os dereitos das familias numerosas, monoparentais e aquelas que formadas por migranrtes e por discapacitados.
Sánchez pediu ao PP "que asuman a súa responsabilidade, que deixen de confrontar sobre este asunto, e que aproben dunha vez a reforma do artigo 35 da Lei de Estranxeiría". E acusou á dereita e ultradereita: "queren que a Armada deixe de auxiliar náufragos e se dedique a afundilos, substituír os centros de acollida por campos de detención e cambiar o tratamento individualizado por deportacións".
Feijóo esixe a Sánchez que rectifique e solicite a axuda da UE para retomar o diálogo de inmigración: "Poña a súa sinatura a carón da do presidente de Canarias e da miña e España terá unha política mgiratoria de verdade".