Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno non cre que Bruxelas desautorice a súa reforma do Código Penal

O Goberno non cre que Bruxelas desautorice a súa reforma do Código Penal

A directiva que prepara Europa impón penas máis altas por malversación que as que aprobou España

Feijóo ofrécelle ao Goberno os seus votos para aprobar a reforma proposta por Bruxelas

EFE 04/05/2023 16:25 Última actualización 04/05/2023 21:17

A proposta de Bruxelas choca frontalmente coa reforma do Código Penal que aprobou o Goberno español hai catro meses. Europa quere que os delitos de malversación se penen cun máximo de cinco anos de prisión en todos os países comunitarios. Cando España deixou os casos menos graves en catro anos de cadea. Con todo, o Goberno non ve desautorizada a súa reforma.

Pedro Sánchez, presidente do Goberno, di: "Estamos nunha fase inicial. A valoración que facemos é que é unha boa noticia que se harmonice a lexislación a nivel europeo para loitar contra a corrupción, e nese sentido a España cóllenos cos deberes feitos. Entre outras cuestións porque nesa reforma do Código Penal incorporamos, por exemplo, o delito de enriquecemento ilícito, que non está recoñecido por todos os países".

A directiva ten que negociarse entre todos os estados membros. Se prospera, obrigaría a España a volver reformar de novo o delito malversación. O Partido Popular téndelle a man ao Goberno.

Alberto Núñez Feijóo, presidente do PP,  di: "Faga o mesmo que coa lei do só si é si, rectifique, utilice os votos do partido constitucionalista. E volvamos poñer no Código Penal o delito de sedición e volvamos outra vez defender a dignidade da democracia e da nación".

Os populares acusan o Goberno de enganar os cidadáns cando dicían que reformaban as penas por corrupción para equiparalas a Europa e din que Bruxelas está desmontando as súas mentiras. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade