Sánchez anuncia un plan de reforzo en matemáticas e comprensión lectora
Sánchez anuncia un plan de reforzo en matemáticas e comprensión lectora
Dixo que se vai incluír nos orzamentos xerais de 2024 e elaborarase da man da comunidade educativa
Polo momento non concretou a contía económica que se lle vai asignar para poñelo en marcha
O presidente do Goberno Pedro Sánchez anunciou este domingo que os orzamentos xerais de 2024 incluirán un plan de reforzo en matemáticas e comprensión lectora para todo o alumnado que estuda en España, ao seren materias "duras de roer".
Durante a súa intervención na clausura da convención política que o PSOE celebrou esta fin de semana na Coruña, dixo que pretenden elaboralo da man da comunidade educativa e que esta semana o van presentar na xuntanza do Consello Escolar, prevista para o xoves.
Fontes do Ministerio de Educación explicaron que este plan de reforzo podería beneficiar uns 4,7 millóns de estudantes dende terceiro de Primaria ao final da ESO, aínda que están a analizar se incluír a etapa de Bacharelato.
A idea é crear en aulas máis pequenas grupos que teñan dificultades nestas materias para darlles unha "atención personalizada". Polo momento, non se concretou a contía económica deste plan.