Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sánchez anuncia una partida de 580 millóns para mellorar os centros de saúde

Sánchez anuncia una partida de 580 millóns para mellorar os centros de saúde

O presidente do Goberno di que se van empregar na modernización de infraestruturas e equipamentos

Pedro Sánchez no acto celebrado na Cidade das Artes e das Ciencias. EFE/ Kai Forsterling Pedro Sánchez no acto celebrado na Cidade das Artes e das Ciencias. EFE/ Kai Forsterling
G24.gal 20/05/2023 17:13 Última actualización 21/05/2023 11:25

O presidente do Goberno e líder do PSOE, Pedro Sánchez, anunciou este sábado durante un mitin en Valencia que o Consello de Ministros aprobará o vindeiro martes unha partida de 580 millóns de euros para que as comunidades autónomas melloren os centros de atención primaria.

"No próximo Consello de Ministros imos inxectar 580 millóns para reforzar, robustecer e modernizar os 13.000 centros de atención primaria de toda España", dixo no acto ao que asistiron ao redor de 6.000 persoas, segundo fontes de Ferraz.

Logo, en Twitter, Sánchez destacou que se trata "do maior investimento en atención primaria feita nunca en España" e detallou que servirán para "crear novas salas de fisioterapia, radiodiagnóstico ou urxencias e evitar esperas ou desprazamentos innecesarios".

Sánchez dedicou practicamente toda a súa intervención a falar da sanidade, un tema que, segundo fontes socialistas, será o eixe dos seus próximos discursos no que queda de campaña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade