Sánchez ve o socialismo como "última liña de defensa" fronte á ultradereita na UE
Sánchez ve o socialismo como "última liña de defensa" fronte á ultradereita na UE
Reuniuse co primeiro ministro de Romanía e participou na reunión do Comité de Europa da Internacional Socialista en Bucarest
O presidente do Goberno mantivo este sábado en Bucarest unha reunión bilateral co primeiro ministro de Romanía, Marcel Ciolacu.
Segundo informaba Moncloa, ambos os mandatarios repasaron os diferentes temas da axenda común e as prioridades para o vindeiro ciclo da Unión Europea.
Os dous dirixentes compartiron a súa aposta pola transición ecolóxica, o benestar dos traballadores e a consolidación das políticas sociais. Apostaron ademais por seguir "reforzando a asociación estratéxica entre ambos os dous países"
Pedro Sánchez tamén asistía na capital romanesa ao encontro do Comité de Europa da Internacional Socialista. Alí, na súa intervención en inglés, dixo:
"Non hai mellor antídoto contra o populismo reaccionario que un Goberno que se ocupe dos problemas reais do noso pobo. Esta é, creo, a maneira de combater a frustración e a ira das que se alimenta", dixo referíndose á extrema dereita.
Sánchez recoñeceu no seu discurso que as forzas de ultradereita están avanzando en Europa e aseverou:
"É a nosa responsabilidade facer fronte a esta onda reaccionaria, porque ninguén máis o fará. Somos a última liña de defensa e de nós depende que Europa non traizoe a súa propia alma".