Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sánchez evita desmentir que a amnistía xa está pactada cos independentistas

Sánchez evita desmentir que a amnistía xa está pactada cos independentistas

Junqueras fala xa de referendo de autodeterminación e insiste en que a amnistía está conseguida

Junts presiona o PSOE con novas esixencias económicas

Alfonso Guerra pídelle a Sánchez que non ceda ante os independentistas

G24.gal 20/09/2023 20:40 Última actualización 20/09/2023 21:07

Pedro Sánchez insiste en que non desvelará a folla de ruta co independentismo ata que fracase a investidura de Núñez Feijóo, pero avanza que será coherente co que fixo ata agora.

O presidente do Goberno en funcións evitou desmentir o líder de Esquerra Republicana e confirmar se xa está pactada a lei de amnistía, tal e como insistiu este mércores Oriol Junqueras.

"É evidente que a amnistía se inclúe nestas vías legais necesarias a que o PSOE xa se comprometeu a cambio da constitución da Mesa do Congreso", dixo.

O PSOE vai á literalidade do acordo, onde a palabra amnistía non figura. 

 "As conversas poden ser discretas, pero os acordos son transparentes. Pero este non é o meu momento, é o momento da investidura de Núñez Feijóo", dixo Pedro Sánchez en Nova York.

O presidente do Goberno en funcións insiste na discreción mentres non sexa candidato á investidura.

"Aí falarei con total franqueza e transparecencia sobre cales serán as liñas mestras para tratar de desxudicializar e normalizar a política en Cataluña. Vou ser coherente coa política que se fixo ata agora. E con isto xa digo moito", asegurou.

As presións intensifícanse por parte de Junts. Os de Puigdemont cifran en 450.000 millóns de euros a débeda do Estado con Cataluña, e piden que se lle perdoe parte da débeda contraída co Fondo de Liquidez Autonómica e que a Generalitat recade todos os impostos.

Pero, con todo, Pedro Sánchez é optimista. Como fixo nas últimas semanas dá por feito que se reeditará un goberno de coalición. 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade