Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sánchez chega a Kíiv para reunirse con Zelenski no comezo da presidencia española da UE

Sánchez chega a Kíiv para reunirse con Zelenski no comezo da presidencia española da UE

Con esta simbólica viaxe, a terceira do presidente español a Ucraína, quere deixar claro o firme apoio de Europa

España vai ter que presentar unha proposta aos 27 sobre o inicio das negociacións de adhesión do país antes de final de ano

Sánchez á súa chegada a Kiiv en tren
G24.gal 01/07/2023 09:13

España comezou esta medianoite a presidencia semestral do Consello da Unión Europea, a quinta ocasión que asume esta responsabilidade e que se estrea cunha viaxe simbólica do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, a Ucraína para ratificar o apoio comunitario a este país ante a invasión rusa.

Sánchez chegou esta mañá do sábado en tren é capital, Kíiv, tras participar en Bruxelas no cume de líderes da UE na que se anunciou esa viaxe e tras a que afirmou que o seu empeño durante ese mandato será garantir a unidade de Europa no respaldo a Ucraína.

Foi o propio Zelenski quen, nunha intervención por videoconferencia ante os líderes reunidos na capital belga, avanzou e agradeceu o desprazamento do xefe do executivo.

Zelenski fixo fincapé no carácter simbólico da visita de Sánchez o primeiro día da presidencia española da UE.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade